Xira pola Vida

6/24/2021

O Desembarco do Escuadrón 421 en Vigo

Xa están aquí 

22 XuÑo 2021, Praia de Carril, Alcabre - ViGo

Grazas a organización da coordinadora da Galiza xunto as numerosas persoas achegadas a Vigo dende distintos territorios da Europa insumisa, organizouse un evento de Bemvida para o desembarco do Escuadrón 421 en Europa.

Este video é o resultado dun trabalho colaborativo entre diversas persoas de medios libres que se achegaron a Vigo e estiveron dándolle arreo para que agora tenhamos este poema feito cunha poesía:  a poesía do desembarco dunha delegación marítima indíxena zapatista nas costas onde no 1493 chegaba un dos primeiros barcos, a Carabela Pinta de Colón, que marcou o principio do espolio e do xenocidio nese continente.

A invasión consensuada de Slumil K'Ajxemk'Op ( Terra Insumisa) coñecida ata agora coma Europa, comezou!!