Xira pola Vida

6/18/2021

Colabora na Romería de apoio á Xira pola Vida

Convocatoria aberta para participar nunha Romería de apoio á Xira pola Vida Zapatista que terá lugar os días despois da Arribada do Escuadron 421 ó Porto de Vigo. 

Isto é unha chamada as Artes, a tódalas artes, para a cativada e todas as edades, formas, cores, culturas,  tipos de creatividade e expresión. 

Se estás nun proxecto creativo e sentes o corazón batir #abaixoeaesquerda por un mundo onde caiban moitos mundos, achégate a nos a compartir a  Alegría Rebeldía que sentimos pola chegada das compas zapatistas!

Estamos a recolher as propostas no correo: culturaccion@riseup.net

instagram.com/p/CQObVytDlVy