Xira pola Vida

6/18/2021

BENVIDA A VIGO

CARTA BENVIDA da Asamblea Galega da Xira pola VIDA

Galiza, 15 de Xunho 2021


Queridas, queridos, queridoas compañeros, compañeiras, compañeroas de tódalas delegacións europeas, do estado español e da terra galega. 

Saúdos e apertas da Asamblea Galega da Xira pola Vida, que achegámonos a vós dende as montanhas do nordeste da península (histÉrica) e dámoslles a máis fogosa Benvida a este territorio cheo de vida, memoria, cultura, natureza, boa gastronomía e Resistencias dignas e potentes. 

O primeiro, agradecer ás compas Zapatistas a súa iniciativa e o esforzo por impulsar este encontro interoceanico entre as de abaixo que resisten en defensa da Terra, a Vida e a Humanidade. Sentimonos honradas e moi emocionadas pola chegada do Escuadrón 421 ás costas galegas, especificamente ao porto de Vigo. As compañeiras chegaron ás Azores o pasado 11 de Xunho. A sua chegada será este DOMINGO 20 de XUNHO, esperando que avisten a terra de Breogán en horas da manha, sempre dependendo do ar atlantico. 

Temos proposto un acto de Benvida para a sus chegada a porto. En Galiza sabemos o esforzo de navegar no alto mar, e pasar semanas sen pisar terra, recibilos e agasallar a súa chegada e de moito sinificado para a nosa cultura. Soen ser momentos fermosos e difícil de olvidar. 

Aproveitamos para deixar algunhas informacions importantes:

Dende o luns 14 de Xunho, AS PEDRIÑAS, territorio cultural recuperado pola Vecinhanza de MOS, Provincia de Pontevedra, xa está aberto para recibirlles co corazón aberto e todalas ansias de encontrarnos. 

  • Existen espazos para caravanas con aceso a agua e electricidade (5 EUR/noite), tamén un pinar para acampar con carpas pequenas. Hai servizos de restaurante, banhos, duchas e parrillas para cozinhar ao carón do lume. Arredor existen bares e restaurantes da vezinhanza, nos que podemos xantar. Habilitaremos un espazo para cozinha común. Facemos un chamado a AUTOXESTION e a aportar con todo o que poida sumar. 
  • Recomendamos moovitapp como opción de desprazamento, que é a mellor maneira de orientarse para alguén de fora. Explícache o número de bus, as paradas, e os camiños dende a parada ata As Pedriñas.

Unha vez nas Pedriñas, e preciso rexistrarse, por cuestións de coidado coletivo. Daremos unha acreditación e invitarémoste a unirte a unha canle informativa segura o de recibir as comunicacións da Asamblea pola Vida e outras cuestións loxísticas. 

Asimesmo, estamos a construir coletivamente unhas pautas que invitan ao respeto, a autoxestión e a boa convivencia coa vezinhanza de As Pedriñas e para que todo fluia bonito no noso campamento coas irmáns zapatistas, onde a vida e o bo vivir é o camino. 

Temos outras propostas para os primeros días de encontro, unha manifestación, para deixar claro quenes veñen e porqué, que vos honramos, por de manifesto o que nos une e porque imos construir xuntas; unha romeria, para vivir a ledicia de reencontrarnos e celebrar que a vida trouxo as compas sanas e bem, unha asamblea de TODAS  juntas onde poder conhecernos e reconhecer as notas loitas. Tamén pensamos en plans b, c e outros, para tecer xuntas este espazo de articulación colectiva e diversa. Sempre abertas a confluir con todas as propostas construtivas que están a chegar.

Queremos agradecer as múltiples mostras de apoio de todas as delegacións internacionais, do estado espanhol e da Nosa terra, pola súa disposición, agarimo e boa vibra. Vosas ganhas son inspiradoras e suman para construir dende abaixo neste momento histórico que imos ter a dicha de vivir. Entendemos que a arribada deste primer continxente zapatista a terras galegas é un acto de trascendencia europea. Desexamos que Europa Esperte e se convirta nunha Europa de cores, amores e apertas, para compartir a vida e as diversas sabidurías.

Contarlles tantas e tantas cousas, pero, enrriba de todo, que estamos espertas, alegres e nerviosas desta honra de recibirlles na terra de Breogán. Pendentes das estrelas que lles guían ata este porto no que iniciaremos otro camiñar. Dende a Asamblea Galega da Xira pola VIDA, estamos á súa enteira disposición, con todo noso desexo de poder serlles útis ante as necesidades na Galiza. A Asamblea Galega funciona como coordinadora territorial de persoas e coletivos diversos de Galiza e foi creada para dar apoio ás necesidades da Xira por la Vida en territorio galego (en comunicación con outros territorios) e para elaborar a proposta de atividades e caminhares que estamos a construir.  

Agradecemos o sea lateso. Seguimos construindo e estaremos difundindo a información da próxima chegada entre coletivos e persoas para sumar.

Poden seguir as novidades a través deste enlace https://www.xirapolavida.org/ e RDSS @xirapolavida

Recibiremos calquera duda ou comunicación a través deste email chegadagalicia@riseup.net. Se non responderon o formulario de chegada, aquí está a ligazón, para  autorganizarnos mellor na chegada e no campamento: https://formulario.xirapolavida.org/

Achega o teu apoio á Xira pola Vida do E421 Zapatista na seguinte conta:

  •     ES95 0030 4623 4300 0028 1271
  •     A nome de: SINDICATO OFICIOS VARIOS CGT- A CORUÑA
  •     Concepto: Donacion + Nome Localidade + Sistema Recaudación (se procede)
  •     (Ejemplo: Donación + Ourense + Camisetas Feministas)

A imaxe que acompaña a este artigo provén dunha acción realizada por ECOAR))) *

Aquí un Mapa das Pedriñas:

E un pouco de historia do lugar: