Xira pola Vida

6/23/2021

Atlántico Diario: persoas otroas existen!

A día 22 de Xuño 2021 na Praia de Carril en Alcabre (Vigo) tivo lugar o desembarco da delegación marítima zapatista, o Escuadrón421. Os xornais galegos recolleron o histórico evento mais parece que, despois de  tantos anos de estudo e profesionalidade, aínda lle tenhen que aprender coma nomear as persoas, a diversidade e valorar e respeitar a importanza da linguaxe. 

A visualización das  persoas non binarias, de quen  va alén do binarismo heteropatriarcal, de ser home ou mulher, é un dos frontes e das reinvindicacións que as compas zapatistas nos traen coa presenza da otroa Marijose, representando a diversidade da identidade de xénero. Cando un xornal escribe UN transxénero,  a carenza dunha linguaxe inclusiva, profesionais da comunicación, é tan evidente que provoca noxo. 

Xa son horas de chamar a diversidade coma fan as zapatistas. É tan difícil escribir  “otroa” ou “persoa transxénero”?  Corrixan o artigo Atlántico Diario. Son tempos de cambiar e tamén de modificar os erros:  Marijose non é UN tránsgénero!! 

Por outra parte, que sexan catro as mulheres que viaxaron  e non dúas, e unha sinhal da  importanza da loita das mulheres indíxenas dentro do movimento zapatistas que, dende o ano 1993 coa Lei Revolucionaria de Mulheres, incorporáronse activamente á loita revolucionaria para cambiar os rols de poder patriarcais que mantenhen a opresión de xénero. Istos son eixes primordais desta Xira pola Vida zapatista, pero coma xa vemos no modo no que escribiron da companheiroa Marijose, as cuestións de xénero andan ben fracas no Atlántico Diario. Imos contar ollando a foto:  as mulheres son CATRO, non dúas, os homes son dous e, xa que estamos, repetimos: Marijose non é UN Transxénero.

Aínda podemos facer xornalismo de calidade e escribir novas moi novas, Atlántico Diario: esa nova que conta dun xornal vigués que, con agarimo, rectificou a narración dun desembarco.